Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

sábado, junio 20, 2009

Deica logo a tod@s

Antes de nada atopei unha ligazón a unhas fotos individuais que fixera nuha das saidas e que non publicara deixo aqui a ligazón
Como sodes moi listos xa fai tempo que vos decataríades que non penso moito como escribo os comentarios do blog. Penso o que vos quero contar pero logo non reparo moito en se hai erros de teclado , fallas de ortografía ou algunha frase pouco ordenada. Esto pasa así porque escribir suponme bastante traballo e si por riba tivera que andar revisando , non daría abasto. Nembargantes levo un mes , aproximadamente, pensando que ía poñer neste día, cando chegase este momento.Hoxe non é o remate definitivo do blog pero sí é o derradeiro dunha aventura que se iniciou hai tres anos. O blog continuará , seguirei escribindo ben sexa doutros nen@s , ben sexa de cousas que me parezan interesantes de educación, pero esta bonita etapa quedará pechada. Fai tempo meu pai díxome que unha persoa debía prantar unha árbore, ter un fill@ e tamén escribir un libro. A min faltábame esto pero considero a este blog o meu libro. Polo tanto é como dirían na TV "proba superada".
Teño por costume autoavaliarme continumente ( a veces quizais de xeito excesivo) e penso que este blog foi unha moi boa experiencia , mantiven un contacto convosco que doutra maneira non podería ter, permitíume darvos a coñecer que na escola facemos algo mais que gardar d@s vos@s fillas durante cinco horas, amosar a importancia que ten o ensino infantil., non somos só gardas. Chegados ata aquí gustariame lembrar a todol@s meus/miñas compañeir@s que non dan a coñecer o que fan a traves dun blog pero que traballan tanto ou mais do que nos faciamos.
Souben algunhas das inquedanzas que tedes (non todas as que quixera) , puidemos xuntar as nosas forzas ante temas moi importantes (o caso de Jorge). Tamén houbo cousas claramente mellorables. Gustariame non haber sido tan brusco na miña resposta cando Felix (o pai de Abel) fixo o comentario sobre as fotos, alí puidome a inexperiencia no uso do blog.A rede ofrece moitos recursos para comunicarnos pero temos que aprender a usalos sen ofender a naide. Quixera tamén poder escribir sobre temas educativos e que vos comentasedes a vosa opinión e que houbese un intercambio de ideas.
D@s "meus/miñas nen@s " que vou dicir , que os primeiros días foron moi, moi duros para tod@s ( sobre todo para eles/as) pero que logo todo eso foi compensado amplamente. Que é maravilloso ver o avance continuo na aprendizaxe, no comportamento, na actitude, na comunicación. Todo esto , por suposto , rodeado de momentos en que houbo que contar ata ....100 e logo respirar. Pasados tres anos e cando boto a vista atrás síntome fabulosamente ben vendo@s.
Neste momento o meu desexo é que dentro de no moito tempo (quizais un par de anos) neste blog aparezan os comentarios non dos pais senon destes alumn@s que aquí estiveron.
Remato cun recordo moi grande para Jorge, Sara e Andrea que comezaron esta viaxe "na nosa nave". Tamén para Super Tati ( non sabe o que lle agradecín toda a axuda que me prestou nos comezos), para Carmén Nemiña e Belén así como , por suposto, para Teresa. Agradecementos a tod@s @s que ledes o blog e @s que vos tomades a molestia de facer algún comentario, pero especialmente a Mary , pois os seus comentarios déronme forzas nalgún momento que estas flaqueban. Grazas
Agora deixovos un texto dun filosofo oriental que lin hai moito tempo e que sempre me gustou porque coido que resume o que deberían de ser para son @s nos@s fill@s.
Grazas, grazas , grazas e ata sempre.

Os teus fillos non son os teus fillos

son fillos e fillas da vida

desexosa de si mesma.

Non veñen de ti, senón a través de ti

e aínda que estean contigo

non te pertencen.

Podes darlles o teu amor,

pero non os teus pensamentos, pois,

eles teñen os seus propios pensamentos.

Podes abrigar os seus corpos,

pero non as súas almas, porque elas,

viven na casa do porvir,

que non poden visitar

nin sequera en soños.

Podes esforzarte en ser como eles,

pero non procures facelos semellantes a ti

porque a vida non retrocede,

nin se detén no pasado.

Ti es o arco do cal, os teus fillos

como frechas vivas son lanzados.

Deixa que a inclinación

na túa man de arquero

sexa para a felicidade.

Khalil Gibran

Como diría O gran Wyoming " mañá mais pero non mellor". Felices vacacións

jueves, junio 18, 2009

Remata o curso

Derradeira semana de curso e pouco que contarvos. Son malos días para traballar, tod@s estamos cansos e con poucas gañas de facer mais cousas.
Antes de nada contesto os comentarios. A Belén dicirlle que o conto debería estar a dispor de todos sen problema pero cando hai moitas medidas de seguranza ó redor dunha rede ou dun ordenador , esto impide , ás veces, ver cousas normais. Nuns días espero cambiarlle o aloxamento ( coa axuda de Fernando) e que non teñas problemas. Grazas polas louvanzas a ela e a Mary. A ela digolle que estou de acordo que o tema do idioma é dificil de comentar nun blog pois as interpretacións poden ser erradas. Pero eu estou moi contento de que saira o tema e de que houbera opinións.
A Elena contestarlle que sinto que non vira o conto pero seguro que hoxe xa o ten visto pois o Xoves , e xunto con outros recursos, levaron as duas versións do conto (video e executable) co cal podedees velo nun ordenador sen conexión a Internet. Espero que agora si poida , en caso contrario que mo comente e veremos que podemos facer. Sobre o blog que non se preocupe que non vai desaparecer ( polo menos se depende min) , o que si pode ser que desaparezcan co tempo son as ligazóns ás fotos que estan na marxe dereita. A razón é que eu teño 1 Gb. de espazo para subir fotos e practicamente non me queda sitio. Se co tempo preciso espazo tereinas que ir borrando ( a verdade é que xa borrei algunhas pois xa tiña problemas). Cando faga comezarei polas de tres anos e logo as de catro. De tódolos xeitos vos tedes copia de todo eso nos DVDs que levaron. SE non o tedes ou a perdestes eu ainda gardo bastantes cousas que co tempo tamén borrarei.
Na clase tratábase de ir pechando experiencias e o mesmo tempo estar ocupados. Para esto nada mellor que ir traballando sobre un libriño que comezaramos hai tempo , pero que tiveramos que deixar por escasez de tempo. O libro de "xa sei ecribir". Por se non o lembrades cada vez que coñeciamos unha nova letra íamos o libro e tiñamos que debuxar catro cousas que tiveran esa letra ( mais as traballadas ata ese intre) para logo poñerlles debaixo o nome que tiñan. Fixémolo con cinco ou seis letras ( consoantes) e logo, ó adicarlle menos tempo a cada letra, paramos de facelo. Nestes días fixemos o de seis letras mais e bastante ben á hora de escribir ( menos inspirad@s en xeral á hora de debuxar).
Outra actividade relacionada coa lectoescritura foi que collemos o Libro de Lectura de Xardín que a nai de Mateo nos pasara a PDF (esta a ligazón na marxe dereita) e fómolo lendo na PDI. Desta volta eles tiñan que ler pequenas frases en silencio e eu facía preguntas sobre o texto , tiñan que respostalas ( comprensión lectora).
Logo practicamos co xogo de lectoescritura que tamén tedes na marxe dereita. Fanno moi ben pero para xogar con 24 á vez é un pouco lento. Xogade con eles na casa ( se podedes ) pois é moi práctico. O xoves voltamos a xogar cun xogo de Pipo ( Imagina y crea con Pipo) pero só cun par de actividades relacionadas coa lectoescritura. Na primeira era o coñecido xogo do aforcado ( ou parecido o que na TV se chama "A ruleta de ...). Tiñan que adiviñar a palabra agochada probando letras do alfabeto , antes de que estouparan 7-8 globos que levaban a unha nena voando. Primeiro fíxenlles ver que había que comezar sempre polas vogais pois son as que aparacen en tódalas palabras. Logo había que ir probando ata acertar. Coa primeira precisamos axuda do programa , pero logo cada vez mellor e a partires da 5º-6º xa non ían probando letras senon que cando había catro ou cinco tiñan que dicir a palabra. Vari@s fixérono moi ben. O seguinte xogo era o de veo-veo. Dábanos a sílaba de comezo e había que buscar o obsecto. Este o 80% o facían moi ben.
Na mesa tamén traballamos un par de fichiñas de repaso das restas e logo fixemos a portada . Esta foi moi elaborada pero quedou moi bonita. Cun chisco mais de tempo podiamos colorear o fondo con pintura , sal e cola branca.

O Venres , como bos galegos, fixemos festa rachada. Toda a mañán de festa e lacazanería.
Comezamos facendo uns preparativos para unha tómbola. Íamos a sortear algúns dos xoguetes que tiñamos na clase. Para eso primeiro presentamo-los premios e logo numerámolos. Na pizarra fomos poñendo o nome mais o número que tiña o devadito premio. Logo baixamos o patio e alí varios currunchos de xogos . Fomos para o que iniciabamos nos que tiña como actividade a decoración do valado e xogo de bolos ( grazas a Mary , pois un regalo que nos fixo ó comezo de curso e que por falla de tempo e despiste non usamos). Adicáronse mais ás actividades artísticas. Logo foronse con Juan que tiña carreiras en parella cun globo no peito. Houbo algúns problemas co aire , pois facía moito e os globos escapaban. De alí pasaron ás carreiras de sacos coa "profe" Ana. Xa coñecían o xogo e gustoulles moito. O seguinte curruncho tiña outro coñecido xogo , o da cadeira. A "profe" que o levaba era Carme Fiaño. Aquí houbo moita loita para se-lo campión pero só os mais habilidos@s e despertos acadárono.
Probaron logo as carreiras de zancos con Lidia. Houbo algunha que outra caída pero ó final ben , en xeral. Remataron como comezaran xogando ós bolos ( pero estes mais grandes) con Elisa.
Ó remate subimos e preparamos o "botellón". Había moitas lambetadas: "gusanitos, bolitas, patacas, palomitas, filipinos, galletas de chocolate, galletas saladas, caramelos e nubes. Todo elo regado cunha boa coca-cola , un zume ou auga ( o gusto do consumidor). Puxemos música pero houbo pouco baile, quizais porque estaban un pouco cansos dos xogos.
Logo baixamos ó recreo e á subida e despois de xantar algo mais , fixemos o sorteo da tómobola. Cada un foi collendo un papeliño no que había un número ó que lle correspondía un regalo. Houboos mais afortunad@s ou menos , pero para estos había a posibilidade de intercambiar con outr@ que quixera. Ó final había catro que non cambiaran con ninguén e es@s tiveron a oportunidade de cambiar cos seis regalos que quedaran do sorteo.
Probablemnte en dous ou tres días deixe outro post que resuma un pouco estes tres anos, mentres coméntovos que o blog vai seguir funcionando no verán pero esporadicamente ( 2-3 veces ó mes). Teño pensado ir poñendo algúns recursos que teño e ordenalos un pouco. Esto teñoo pensado pero como tamén vou ter que actualizarme no meu futuro posto de traballo , non sei moi ben cando o farei.
Aqui queda a ligazón ás fotos desta semana. Non hai gran cousas pois , como comentei,non estaban moi animad@s ( vanse facendo vell@s :))

lunes, junio 08, 2009

Carapuchiña Vermella . Estreno mundial

Hoxe , por fin é o Gran Estreno mundial da nova pelicula de animación "Carapuchiña vermella" da factoría Ponte dos Brozos Film. Versión "politicamente correcta" do famosos conto. Debuxos realizados pol@s nen@s da clase así como as voces dialogos. Esperamos sexa do voso gusto.
Na marxe dereita ( e aquí) deixo a ligazón por si queredes baixar o conto nun executable. Así podedes pasar as páxinas o voso xeito ou repetilas e velas con mais calma.
Aproveito e deixo tamén aquí unha ligazón ás fotos da festa en Picapeixe

domingo, junio 07, 2009

Veu Cristian Magic

Grazas, grazas, grazas.
Esas son as miñas primeiras palabras deste post. A razón sábena ben os pais/nais dos meus alumn@s. Primeiro foi o maletín de ministro e agora o smartphone. Valorádesme moito e seguides convencidos de que poido chegar a Ministro ou a Conselleiro, por eso me facedes eses regalos. Sintoo moito pero o meu é o ensino pero a pé de campo, ou sexa na aula, non dende ningún despacho. Pero xa que vos tomastes tantas molestias vou ter que buscar algún cholliño, algo diferente do que facía ;))).
Podería seguir escribindo sobre o agrdecido que me sinto pero sería reiterativo , ademais de empalagoso e non quero que esto pase.


Póñome ó meu, que é contarvos o de cada semana ainda que antes contestar o escrito por Ana , Mary e Joana (claro que me acordo de ti e da túa nai e do teu irmán Javier). Comezo por esta pois fíxome moitisima ilusión que escribira no blog, nunca pensei que algún exalumn@ meu ía escribir nel. Por riba é un claro exemplo de que ensinar en galego non traumatiza nin perxudica a ninguén. Tamén se confirma que os prexuicios veñen dos adultos ( súa nai, por certo o seu pensamento xa mo tiña comentado a min e era algo do que tiñamos falado algunha vez). A Ana decirlle que comprendo moi ben o que pode sentir pero ela sabe que eu lle comentei a posibilidade de falarlle a Carla en castelan si ela quería. Carla está integrada e non ten mais problemas de comprensión que calquera dos outros 24 nen@s da clase. Supoño que debe ser fastidiado querer axudar a unha filla e que non comprendas o idioma, pero para eso podería intentar facerse algo persoalizado que facilitase a labor e que che permitise a ti que a puideras axudar.
A Mary comentarlle que eu síntome ourensán , galego, español, europeo e cidadán do mundo. Eu falo de linguas non de sentimentos. Volvo a insistir en que non debemos politizar o tema, o problema témolo os adultos non @s nen@s.
Grazas a Ana e Joana por dar a súa opinión (a Mary non llas dou porque xa o fixo dende a creación do blog), volvo a repetir que é un tema moi delicado pero penso que respetando as opinións dos demais non ten porque enfadarse ninguén.
O luns comezamos falando de algo que eu non tiña previsto: O ciclo da auga. Cando estabamos facendo as rutinas , tocou poñe-lo tema ( que para variar era chuvia) e comezamos a falar de onde se formaba a chuvia. Eu comenteilles cal era a orixe das nubes, comentei que si viran algún vez ferver auga no lume, que que pasaría si puxeramos a man enriba ( queimariamosno dixeron), pero si lle puxeramos tapa a pota. Para explicalo mellor buscamos algunha imaxe en Internet que fose mais clara e atopamos varias. Había algún (coma Xiao) que o tiñan bastante claro ( pois explicarallo seu pai).
Logo presentámolo F, que case todos coñecían. Esto xa non foi sorpresa pero si que fixeran os seu trazo bastante correctamente. Lemos palabras e frases. Completamos as páxinas do Libro de Lectura correspondentes á letra e , logo do recreo, miramos cadros de Pablo Picaso.
O Mércores houbo sorpresa pois tiñamos, a partires da unha , unha sesión de maxia. Visitábanos o Cristian Magic. Xa o fiexra o ano pasado e tod@s quedaran moi contentos. Da sesión non vos podo contar moito pois eu non a vin pero as súas impresión foron moi boas, ainda que unha das cousas que mais lembraban non era un truco de maxia senon uns paxaros ( gueivotas segundo uns, patos segundo outros) que había no teito.
Rematamos o libro de plástica cunha experiencia que non fixeramos antes, pintar soprando. Eu deixei caer varuas pingas de pintura de diferentes cores e eles/as t´ñanas que estirar soprando cunha palliña. O traballo é sinxelo pero houbo que cansou moito pois se hiperventilaba. Tamén caíu algúnha que outra pinga de saliva. Gustoulles , supoño que polo feito de ser algo diferente o que facemos habitualmente.
O Xoves falamos dos contrarios. Inicialmente , e por esta palabra, non entendían que había que facer , pero logo de poñerme eu en diferentes posicións (pernas abertas-pechadas, brazos estirados-encollidos, ...) xa o comprenderon. Logo eu funlles dicindo unha frase ( Fulanito está cansado) e eles/as tiñan que dicilo contrario.
Xa vos comentei que non íamos a coñecer tódalas consoantes pois o tempo non daba para mais. O Venres decidin que ainda que non íamos traballar con elas si as iamos a presentar. Ademais queriamos coñecer o final das aventuras do xardín máxico. Escoitamos as historias da Z, J e do C. Moitos xa as coñecían , e ata a letra C, que é mais complexa á hora de soar, sabían ben que dependendo con quen ía soaba dunha ou outra maneira. Foi con esta letra coa traballamos algo mais facendo as páxinas co0rrespondentes do Libro de Lectura. Con estas tres páxinas dámolo por rematado. En canto poida poñerei no blog as páxinas que faltan para que as descarguedes e imprimades. Así o pederedes rematar. Neste momento non as teño feitas ( non contaba chegar tan lonxe). O luns falaremos do G, o Q , o K e o X, miraremos algúnha palbriña pero sen facer fichas con elas.
A semana pasada rematamos o conto de Carapuchiña Vermella e nestes días espero rematar de montalo. Probablemente o Luns ou Martes vos poña un video coa montaxe
Esta asemana atopei unha páxina que me parece moi boa para traballar a lectoescritura. Probámola e vai bastante ben. Non é moi visual pero si moi práctica. Ademais ten varios niveis de dificultade. Deixoa no lateral ou picade aqui.

martes, junio 02, 2009

Coñecimos o TuxMath

Antes de nada só comentar sobre o que di Mary que eu sigo pensando que todo pasa por facer habitual o idoma e non que sexa algo puntual( se o ceñiramos a estudialo como idioma sería igual que o Inglés , unha lingua máis a estudiar). Está claro que si só se fala no colexio non serve para moito pero alomenos servirá para que os nen@s o coñezan mais. Se no colexio non se fala e na casa tampouco , cal sería o futuro do idioma?. As cousas que levan para casa van en galego porque como vos comentei a lectoescritura ía ser en galego e o as fichas tamén. Eu volvo a repetir que os prexuicios témolos os adultos pois os rapaces/zas non teñen ningún e dalles o mesmo un que outro.É tarefa nosa que queiran ás nosas linguas.
Paréceme estupendo que poidamos debatir sobre un tema , e sería fabuloso que foramos mais pero tamén sei que este é un tema que esta moi politizado e que os partidos políticos se apropian de él. As linguas, sexan as que sexan , son das persoas e non dos políticos que as usan, moi a miudo, para enfrentarnos.
Pola clase andivemos parte da semana traballando plástica. A lectoescritura absorbenos tanto que nos esquecemos doutras cousas como o libro de plástica. Falamos de dous pintores ( Cezanne e Botero) e lembramos o que era un bodegón ( o unico que lembraba o nome era Xiao). Por riba no Libro de Muna había que facer unha "especie de serpentina" que tiñan que decorar e recortar. Deu traballo pero o resultado foi bo.
Tamén fixemos unha ficha sobre un cadro de Botero. Non falamos da súa obra case nada , tan só fixemos a ficha. A vindeira semana veremos algo mais do seu traballo que complemente o feito estes días. A ficha quedou moi lucida pois puxemos, ademais dun abano, que eles/as fixeran e que lle daba relieve o debuxo , unha pulseira e un colar con brillantina.
Ariadna trouxonos fotos dun novo poldro que lles nacíu. Puidemos comprobar que os cabalos son mamíferos pois nunha das fotos puidemos ver como mamamba. Gracias polas fotos. Tamén aproveito para recordar que a semana pasada Ari trouxera unhas flores pouco vistas ( non eran rosas nin caraveis) eran estalotes ( hai quen seguramente lles chama doutra maneira). Chámanse así porque podémolas facer estourar apretandoas cos dedos.
O Xoves estivemos coñecendo un novo programa.Chámase Tuxmath Command. Serve para traballar cos números e coas operacións matemáticas. Nos usámolo para recoñecer os números ata 10 e tanén para sumas e restas ata 10. ë moi parecido a outro que xa usaramos , o Tuxtype, só que alí traballabamos as letras e palabras e aquí son as Matemáticas. Gustalles moito porque semella un videoxogo onde hai que "disparar" ó resultado correcto. Este xogo pódese descargar de balde en diferentes páxinas pero vou poñer no DVD que van levar a finais de curso. Logo o podedes instalar dende alí.
Rematamos o libro da B e V. Moi ben , en xeral, case tod@s co , loxico, problema de que non saben que oalabras van cunha ou outra letra ( á hora de escribilas). Cando teñen dúbida eles preguntanme a min , polo que ese traballo teredes que facelo vos na casa. Coa lectura diaria vanse acostumando eles/as a ver esas palabras e van memorizando como se escriben.
Cara o verán queda na marxe dereita unha ligazón para descargar un Libro de lectura en PDF. Titulase "Xardín máxico" e da Ed. Everest e foi editado hai moito tempo. As persoaxes que representan a cada letra están quitados dese libro , así como os contiños de presentación. Esto foi feito por Maribel ( a nai de Mateo) a quen lle agradezo moito a colaboración. Logo vos podedes imprimir ou ler con eles directamente no ordenador. Ten bastante peso (45 Mb.) polo que tardará un pouco en descargar. Para descarga-lo libro pica aquí